Search results for ""edicións xerais de galicia, s.a.""
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Rubicundo
Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos.
£13.10
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Ramn Cabanillas Cambados e o mar da Arousa
Ramón Cabanillas, o poeta arelado, é o centro de case todos os textos deste libro do profesor Francisco Fernández Rei (21 éditos e 9 inéditos) sobre a memoria de Cambados e, particularmente, a súa cultura mariñeira; sobre a entrega xenerosa do autor de ?Vento mareiro? á dignificación de Galicia e á construción do galego literario, e sobre a presenza do mar da Arousa na súa obra e na doutros escritores, mesmo da Galicia interior, o que fai que ese mar sexa o de maior presenza na literatura galega moderna.Os textos, redactados entre 1999 e 2014 (agás dous do 1977), agrúpanse en cinco apartados: I) a memoria e as paisaxes de Cambados, II) notas biográficas e literarias de Cabanillas, III) a fala de Fefiñáns e a lingua literaria do escritor cambadés, IV) o mar en Cabanillas e o literario mar da Arousa, V) reivindicación e valorización de Ramón Cabanillas, símbolo do movemento agrarista e poeta das Irmandades da Fala, que no inverno franquista mantivo o compromiso co idioma e que nos an
£27.84
Edicións Xerais de Galicia, S.A. mote Leo A Estacin de trnsito
Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles e as invisibles, e converterse na Marco Polo que admiraba de cativa. Neste tempo, visitou cidades como Barcelona, Lisboa ou Marrakech e aprendeu a dar pasos por si mesma, con todas as satisfaccións e, tamén, todos os erros ás costas. A fantástica tropa de Ruth, ese alivio para o seu peto e desazo para o corazón, foi ata o momento a súa mellor aliada contra a morriña que lle pisa, teimuda, os calcañares. Agora, nese vehículo incómodo que atravesa Turquía, Leo ten que decidir que facer. Que visitar. Con quen. Como. A rapaza bota a man á cabeza acabada de rapar e suspira. Dende logo, esa visita inesperada en Istambu
£15.55
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Escrita doada consellos para redactar ben
Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo que temos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de que quizais non é todo tan achanzado como planearamos. Así e todo, a escribir tamén se aprende.Con este libro Benxamín Dosil farache doado o acto da escrita resolvendo as túas dúbidas ao respecto. Darache recursos e trucos para que saias axiña dos atrancos, indicacións que che servirán para comunicarte mellor e, tamén, para estudar con máis axilidade. Elaborarás esquemas, desenvolverás ideas conectándoas de distintos xeitos e mellorarás a túa redacción.En Escrita doada o autor recolleu abundantes aspectos da súa experiencia profesional, enriquecidos coas achegas dos mellores mestres na materia. A obra foi concibida como un manual de consulta que reúne un cento de epígrafes formadas por abundantes exemplos ilustrativos, cadros e gráficos para entender mellor a escasa carga teórica
£20.14
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Volvers golfio
A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños.
£14.21
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A Cabeza De Medusa Medusass Head Fora De Xogo Offsides
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, ?unha prosa áxil e
£14.76
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O monstro das palabras
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa ?normal?, que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras. O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. ?A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos? escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.
£12.79
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Eu conto ti cantas
Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: ?Xa non teño medo?, ?Can branco, can negro? e ?Un cachiño de bica??. Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura. Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino. Iván coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica. Tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.
£11.13
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Amor De Artur Arturs Love Edicion Literaria
Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico. o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés. A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín. . ., supón o anovamento do pulo creativo, da tensión imaxinaria. A materia de Bretaña proporciónanos un camiño de recuperación da vella enerxía narrativa polo regreso ás fontes. Mailos heroes cos seus grandes ideais tráennos o alento quente da enerxía aventureira. Quen non está xa canso de insignificantes anti-heroes, de homes sen atributos erixidos en insoportables protagonistas? Benvidos outra vez o noble Arturo, o grande Merlín, o forte Lanzarote, a bela Xenebra. O noso tempo revísteos de dúbidas máis fortes, tingue de inevitable escepticismo as súas reflexións, quizais advirte inconfesables desexos nas súas
£19.71
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Palabras de caramelo
Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou. Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo.
£11.18
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O Caracol Remoldino the Snail Remoldino Infantil E Xuvenil
Tres amigos mercaron unha empanada e enviaron ó máis pequeno a mercar o viño. Remoldiño sospeitaba que os seus amigos ían comer o manxar mentres el facía o recado. Remoldiño escondeuse a vixiar o que pasaba.
£10.96
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Long play
" Long Play " soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de " jukebox de autoxeografía " . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da " twitteratura " a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a " aritmética beatle " : letras tristes + alegres melodías.A " forma " do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún " riff " de humor ?se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!? e evasións cara " outros territorios posíbeis " ; concíbese o propio proceso de creación como un " crescendo de arte e ensaio " pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, conc
£18.22
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Fontica e fonoloxa histricas da lingua galega Galicia
O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, mais a miúdo responden á influencia de condicionantes extrasistémicos, nomeadamente de carácter social. A tarefa do lingüista histórico consiste en valerse de fontes de estudo sempre precarias para reconstruír a secuencia de mudanzas experimentadas por un sistema lingüístico desde un pasado adoito remoto ata o presente, así como en indagar sobre as motivacións que as propiciaron.Moitas das páxinas deste libro están dedicadas á exposición das mudanzas fonéticas e fonolóxicas que mediaron entre o latín que os romanos trouxeron á Gallaecia no século II a. C. e o galego que chegou ás portas do século XVI. É un perí
£30.72
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Cando Petan Na Porta Pola Noite When Petan Opened the Door at Night Infantil E Xuvenil
Catro relatos de misterio que Docampo adica ós seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan...
£13.77
Edicións Xerais de Galicia, S.A. St
Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaración de intencións e unha síntese. Ás veces a mellor escolla é o silencio.Neste caso s/t significa, ademais, sen terra, e ese demudado título leva a describir todas as perdas, a do espazo e a do tempo, a das coordenadas físicas da infancia nese lugar que xa non será posible se non é a través da palabra e da memoria deformadas pola brétema dos días. Un libro de facer memoria para atopar o inicial e o esencial: as orixes, o xermolo e a raíz, a transición e o transplante, o medrar no dislocado, desposuído xa, sendo o poema a única pegada que ficará despois de que as desaparicións sexan totais e non haxa máis forma de sobrevivir que o intanxible.
£14.50
Edicións Xerais de Galicia, S.A. De remate
De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais...A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo.Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo.Estamos ante un relato de estrutura po
£18.75
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto no presente como nas lembranzas dos personaxes. A tristeza da emigración, a experiencia límite do naufraxio, o amor que nos defende das adversidades, a resistencia durante o franquismo, a traizón que nos derrota, as consecuencias do tráfico de drogas, a ledicia de xogar un partido de fútbol, a integración das persoas diferentes e a conmoción da crise das vacas tolas artellan as tramas destes contos en que se abordan temas esenciais na literatura. Oito contos conmovedores nos cales Manuel Rivas dispuxo as pingas de humor e tenrura capaces de transformar o cotián na beleza da escrita literaria.
£14.21
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A boca da terra
A d?A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte está á espreita dun temporal de bolboretas.Esa natureza insurxente abrangue as persoas humanas e non humanas, e mesmo as máquinas: a báscula de Ohio que pesa cousas e emocións, o rancor dos tractores nas granxas abandonadas... E abrangue a linguaxe, as palabras que, como velairiñas arredor da lámpada, loitan contra a extinción, desvelan un misterio e crean outro, como corpos que se agochan en almas.
£15.73
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O trompetista e a La
A cidade enteira estaba patas arriba. Todos os músicos e aspirantes a músicos andaban atarefados. Axiña se ía formar a nova banda de música. Os aspirantes practicaban sen parar cos seus instrumentos. Evaristo, o xeadeiro, sopraba con ilusión a súa trompeta. Pero que mal soaba! Estaba claro que precisaba axuda.
£12.33
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Nubes de evolución
£17.58
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Iria
Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o título, Iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesías pola Arousa e as súas remontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados. Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e mais da Arousa. Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel An
£22.60
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O corazn de Xpiter
£13.99
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O esprito do cabaleiro
£19.27
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O misterio das badaladas
No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.
£14.80
Edicións Xerais de Galicia, S.A. OS Eidos O Libro Do Courel
Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse de inmediato nunha das máis intensas, renovadoras e salientables da poesía galega. En Os Eidos agroma unha poesía limpa, concisa e breve, que asenta nunha profunda identificación entre o poeta e a natureza, e que nos vai mostrando, desde un certo ensoñamento de quen escribe, un intimismo radical ligado á terra e aos sentimentos de pertenza a esta. Un libro de fondo silencio, esencial, cósmico, universal, irrepetible. A presente edición, preparada con motivo do ?Ano Novoneyra 2010?, recolle fielmente os contidos da edición Os Eidos. Libro do Courel, editada por Edicións Xerais de Galicia en 1981, e revisada ao longo das décadas de 1980 e 1990 polo autor.
£18.75
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Bretana esmeraldina Britain Esmeraldina
Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas da cadea literaria. Debedora de Jack London, de Torrente Ballester ou de Cunqueiro a novela ten como un dos temas centrais a procura da identidade. Novela carceraria con Tagen Ata e con Bretaña ao fondo, está resolta cunha complexa pero expresiva e brillante sistemática especular que non lle furta ao lector o galano dunha lingua senlleira, inimitable. Desde a perspectiva actual, Bretaña, Esmeraldina, inserida na estética da Nova Narrativa, concíbese unha potente espiral que flexiona todo o conxunto da obra do autor, moi á altura da circunstancia política de 1987, sen deixar de ser unha viaxe extraordinara e ás veces mesmo alucinante polas máis fermosas páxinas da literatura galega e da literatura universal. A presente edición foi preparada por Anxo Angueira, quen se ocupou da introduci
£24.52
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Honorato o rato namorado
Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores: utiliza a cor verde para falar dos campos, a azul para falar do ceo e do mar, a amarela para falar da luz e do sol. A cor negra para falar das guerras, a cor gris para falar do inverno e a cor vermella para falar., para falar de amor! Si, porque Honorato está namorado. E de quen está namorado?
£11.13
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A pomba e o degolado
A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de ?Degolado?, con ?Pomba?, unha amiga cibernética que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente.
£14.68
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Makinaria Fora De Xogo Outside Xogo
Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio.
£14.51
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Cartas de amor Love Letters Fora De Xogo
As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración...E quen escriben as cartas son mulleres que viven circunstancias vitais -persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía. Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.
£14.61
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Dicionario Xerais da lingua
O Dicionario Xerais da Lingua, publicado en 1986, supuxo -dende as súas catro edicións e múltiples reimpresións- un avance enorme na lexicografía galega contemporánea.O novo Dicionario Xerais da Lingua é un instrumento de traballo e apoio ó estudiante de ensino secundario -ou para calquera outro usuario da lingua, na medida en que actualiza e incorpora o léxico que ó longo destes anos se foi fixando dentro do estándar.
£43.26
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Tres Pasos Polo Misterio Three Steps to the Mystery Infantil E Xuvenil
Tres pasos polo misterio recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueólogo de ?A serpe de pedra? conta os terribles acontecementos acaecidos nun museo de Lugo provocados pola maldición agochada durante miles de anos baixo un monumento megalítico. O xove peregrino de ?A vella foto das estrelas? relata como debido a un encontro marabilloso acaecido no Camiño de Santiago tocou o misterio da presenza terrible e marabillosa que vén coa noite chea de estrelas. O historiador de ?As sombras do faro? rememora, trinta anos despois, os estraños e desacougantes sucesos, tan claros na súa memoria, da enigmática torre de Pontebranca, un faro derruído, onde se viviron experiencias terribles. Un libro que guía os nosos pasos polos camiños do misterio, da intriga e do terror.
£14.72
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O canastro sen tornarratos resistencia popular na era do capitalismo sen democracia unha ollada galega
Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En O canastro sen tornarratos abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternativas nun tempo en que a ideoloxía dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teoría e praxe do movemento emancipador.O tornarratos ?a pedra horizontal que impedía ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro? proponse como metáfora dun tempo sen devasas políticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David Rodríguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultura
£20.14
Edicións Xerais de Galicia, S.A. 22 segundos
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase." Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá ?ou non quererá comprender? nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son. "Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede." 22 segundos " relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe ?sen poñerlle etiquetas? que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibiliza
£13.84
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Un tren cargado de misterios
Dende a fiestra do seu cuarto, Ana ve pasar o tren todos os días. Un tren que nunca para, porque onde a nena vive non hai estación. Un día o ferrocarril detense ao pé da casa e Ana recibe a invitación do revisor de subir a el. Axiña descobre que se trata dun tren moi especial: nel percorrerá os países do mundo enteiro e, ademais, terá que resolver o misterio que encerran sete enigmáticas caixas azuis, a descuberta do libro das infinitas historias. A intriga, a fantasía, o xogo coas palabras, a existencia dun planeta diverso e plural, o valor dos libros e das historias fermosas que as persoas foron creando ao longo do tempo, en calquera país do mundo, para axudarnos a soñar e a vivir son as facetas máis destacadas deste novo libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Enjamio e destinado a lectores de sete anos en diante.
£11.11
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Unha Estrela No Vento a Star in the Wind Infantil E Xuvenil
Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.
£14.76
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Viaxe por Galicia
A viaxe por Galicia constitúe unha parte do libro The Bible in Spain, escrito por George Borrow, aventureiro inglés que vendía biblias polos camiños do mundo. Publicado na Inglaterra de 1842, o libro alcanzou un impresionante éxito, esgotándose sete edicións nun ano. Nel relátanse as experiencias viaxeiras do seu autor pola España de 1837. Malia a súa antigüidade, a lectura deste libro sorprenderá o lector a través dunha visión que, en moitos aspectos, non perdeu actualidade.
£14.80
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Cabalos e lobos
Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía n 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno.Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate
£19.71
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Penúltimas tendencias
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos.Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy.
£13.74
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Dragal III A fraternidade do dragn
Encuadernación: Rústica cosida.
£14.17
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Guerra Civil que pasou en Galicia e en Espaa
£31.68
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Mar adiante
Publicada en 1973, Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de María Victoria Moreno e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego. Unha mestra contoulles un día aos compañeiros que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os rapaces a coñezan. Sabemos entón de Miguel, un vello mariñeiro, que fixo un barco cando soubo que o mestre ameazara aos rapaces con tiralos ao mar cos libros ao pescozo se non sabían a táboa do sete. E púxolle tripulación: un poeta, un debuxante, un amigo das estrelas e unha cociñeira velliña e garimosa, Lola. Non faltaban, claro, o capitán, e mais a mestra. No barco os nenos aprenden cousas que non veñen nos libros: a historia dos mozos náufragos aos que o patrón rico non quixo acudirlles, a de Mariquiña, que se fixo amiga dun lobo a quen agora todos os veciños queren e coñecen como Garimoso, a da illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, q
£12.47
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Festina Lente Feast Lens Edicion Literarianarrativa
Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campás, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas rúas e esparexe o capítulos todos da súa existencia. As páxinas de pergamiño, como faíscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando á voraz desmemoria as lembranzas fuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia. Festina lente é a primeira novela para público adulto de Marcos S. Calveiro, unha das maiores descubertas da narrativa galega recente. Novela histórica, ambientada na Compostela do
£20.14
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Contos da Coruña
Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes, entre o palco da festa e o peirao do Muro, polo toque do acordeón e o golpe de mar. Xurxo Souto descúbrenos unha cidade inédita para os medios de comunicación: a Coruña como unha cidade atlántica (onde sopra o vento de Nova York), enxebre e cosmopolita; como unha pedra chantada no océano; como unha cidade que naceu do mar e no mar ha ter o seu futuro. Contos da Coruña é un primeiro e único manual de épica cascarilleira. Velaquí as grandes historias de heroes anónimos da Coruña como o Periquete, o patrón máis novo que mandou un pesqueiro de altura; os percebeiros da Punta Herminia; Pucho Boedo e Sito Sedes, cantan
£20.14
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Na Fogueira Dos Versos the Fire of the Verses
Na fogueira dos versos foi premiado, por unanimidade, por un xurado de lectores, que destacou a pureza e a sinxeleza dos 29 poemas que o compoñen. O autor, partindo de versos escollidos dunha longa nómina de poetas, desenvolve, recrea e reiventa, como xa fixera nalgún poema de Lueiro de papel, o motivo escollido que figura no epígrafe. García Teijeiro establece un diálogo creativo cos poetas da nosa tradición (Martín Códax, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Xosé L. Méndez Ferrín, Lorenzo Varela, Xosé M Álvarez Blázquez, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, Xohana Torres, Bernardino Graña, Luz Pozo Garza...), do que nace unha voz propia, distinta. Estes poemas son pequenas xoias literarias, onde se imbrican a espontaneidade e a reflexión, a cultura e a sensibilidade.
£10.99
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A terra cantada
Camilo Nogueira ofrece n? A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. Precedido por un limiar , ?O comezo do mundo?, o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, ?Provincia ou nación? (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, ?A memoria e a amnesia? (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, ?Unha revolución histórica? (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, ?O imperio declinante? (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década). Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola
£23.56
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Segredos no solpor
En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga. A Mara que atropelasen a súa compañeira Lucía ás seis e media da mañá fronte ao paso de peóns situado diante do hotel dos seus pais, xusto aquel día, pareceulle unha broma pesada. Outro máis dos enigmas incrustados nas paredes do antigo edificio, baixo as vellas fotografías de Bico que decoran os cuartos e os corredores. A chegada de Antón e os seus pais, xunto coa aparición dunha nota entre os libros do tío Paco, axudaranlle a comprender os segredos que garda o hotel e a desvelar as razóns de tan estraño atropelo. Unha engaiolante novela de intriga sobre a forza dos sentimentos, a melancolía dos erros pasados e as violencias visibles, e tamén invisibles, que sofren as mulleres.
£13.99
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Alicia No Pais Das Marabillas Alice in Wonderland
A nena Alicia, caendo polo tobo dun coello vai dar a unha sala soterraña onde medra e encolle segundo consome beberaxes e doces máxicos, nada entremedias de animais extravagantes nunha pucharca formada coas súas propias bágoas, entra nun xardín encantado no que estraños personaxes manteñen con ela absurdos razoamentos envolveitos na máis rigorosa lóxica aparente, e logo esperta. Tradución de Teresa Barro e Fernando Pérez Barreiro.
£17.47