Search results for ""edicións xerais de galicia, s.a.""
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Nubes de evolución
£17.58
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Iria
Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós anos en que se organiza a primeira resistencia activa antifranquista. E lévanos a bordo dun pequeno galeón a vela que lle dá o título, Iria, e que se converte no grande protagonista. As súas travesías pola Arousa e as súas remontadas polo Ulla, descritas co léxico náutico aínda vivo, parecen ás veces concibidas como unha dura proba de resistencia, de escritura e de lectura, na que o autor e o lector viven embarcados. Entretecido coas viaxes do galeón, o traballo na construción dun canal de regadío funciona como contrapunto obreiro e labrego que contrapesa o protagonismo do mundo mariñeiro. Pero tamén é toda unha metáfora social e política da época. Cosendo tódolos fíos, as entremesturadas historias de afogados semellan unha memoria polifónica do Ulla e mais da Arousa. Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel An
£22.60
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O corazn de Xpiter
£13.99
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O esprito do cabaleiro
£19.27
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O misterio das badaladas
No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.
£14.80
Edicións Xerais de Galicia, S.A. OS Eidos O Libro Do Courel
Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse de inmediato nunha das máis intensas, renovadoras e salientables da poesía galega. En Os Eidos agroma unha poesía limpa, concisa e breve, que asenta nunha profunda identificación entre o poeta e a natureza, e que nos vai mostrando, desde un certo ensoñamento de quen escribe, un intimismo radical ligado á terra e aos sentimentos de pertenza a esta. Un libro de fondo silencio, esencial, cósmico, universal, irrepetible. A presente edición, preparada con motivo do ?Ano Novoneyra 2010?, recolle fielmente os contidos da edición Os Eidos. Libro do Courel, editada por Edicións Xerais de Galicia en 1981, e revisada ao longo das décadas de 1980 e 1990 polo autor.
£18.75
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Bretana esmeraldina Britain Esmeraldina
Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas da cadea literaria. Debedora de Jack London, de Torrente Ballester ou de Cunqueiro a novela ten como un dos temas centrais a procura da identidade. Novela carceraria con Tagen Ata e con Bretaña ao fondo, está resolta cunha complexa pero expresiva e brillante sistemática especular que non lle furta ao lector o galano dunha lingua senlleira, inimitable. Desde a perspectiva actual, Bretaña, Esmeraldina, inserida na estética da Nova Narrativa, concíbese unha potente espiral que flexiona todo o conxunto da obra do autor, moi á altura da circunstancia política de 1987, sen deixar de ser unha viaxe extraordinara e ás veces mesmo alucinante polas máis fermosas páxinas da literatura galega e da literatura universal. A presente edición foi preparada por Anxo Angueira, quen se ocupou da introduci
£24.52
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Honorato o rato namorado
Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores: utiliza a cor verde para falar dos campos, a azul para falar do ceo e do mar, a amarela para falar da luz e do sol. A cor negra para falar das guerras, a cor gris para falar do inverno e a cor vermella para falar., para falar de amor! Si, porque Honorato está namorado. E de quen está namorado?
£11.13
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A pomba e o degolado
A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se viven tempos moi dífíciles, atopará acougo ás súas coitas facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo o nick de ?Degolado?, con ?Pomba?, unha amiga cibernética que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente.
£14.68
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Makinaria Fora De Xogo Outside Xogo
Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio.
£14.51
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Cartas de amor Love Letters Fora De Xogo
As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a violencia, a prostitución, a presión social, a integración...E quen escriben as cartas son mulleres que viven circunstancias vitais -persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía. Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade.
£14.61
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Dicionario Xerais da lingua
O Dicionario Xerais da Lingua, publicado en 1986, supuxo -dende as súas catro edicións e múltiples reimpresións- un avance enorme na lexicografía galega contemporánea.O novo Dicionario Xerais da Lingua é un instrumento de traballo e apoio ó estudiante de ensino secundario -ou para calquera outro usuario da lingua, na medida en que actualiza e incorpora o léxico que ó longo destes anos se foi fixando dentro do estándar.
£43.26
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Tres Pasos Polo Misterio Three Steps to the Mystery Infantil E Xuvenil
Tres pasos polo misterio recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueólogo de ?A serpe de pedra? conta os terribles acontecementos acaecidos nun museo de Lugo provocados pola maldición agochada durante miles de anos baixo un monumento megalítico. O xove peregrino de ?A vella foto das estrelas? relata como debido a un encontro marabilloso acaecido no Camiño de Santiago tocou o misterio da presenza terrible e marabillosa que vén coa noite chea de estrelas. O historiador de ?As sombras do faro? rememora, trinta anos despois, os estraños e desacougantes sucesos, tan claros na súa memoria, da enigmática torre de Pontebranca, un faro derruído, onde se viviron experiencias terribles. Un libro que guía os nosos pasos polos camiños do misterio, da intriga e do terror.
£14.72
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O canastro sen tornarratos resistencia popular na era do capitalismo sen democracia unha ollada galega
Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En O canastro sen tornarratos abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternativas nun tempo en que a ideoloxía dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teoría e praxe do movemento emancipador.O tornarratos ?a pedra horizontal que impedía ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro? proponse como metáfora dun tempo sen devasas políticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David Rodríguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultura
£20.14
Edicións Xerais de Galicia, S.A. 22 segundos
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase." Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá ?ou non quererá comprender? nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son. "Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede." 22 segundos " relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe ?sen poñerlle etiquetas? que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibiliza
£13.84
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Un tren cargado de misterios
Dende a fiestra do seu cuarto, Ana ve pasar o tren todos os días. Un tren que nunca para, porque onde a nena vive non hai estación. Un día o ferrocarril detense ao pé da casa e Ana recibe a invitación do revisor de subir a el. Axiña descobre que se trata dun tren moi especial: nel percorrerá os países do mundo enteiro e, ademais, terá que resolver o misterio que encerran sete enigmáticas caixas azuis, a descuberta do libro das infinitas historias. A intriga, a fantasía, o xogo coas palabras, a existencia dun planeta diverso e plural, o valor dos libros e das historias fermosas que as persoas foron creando ao longo do tempo, en calquera país do mundo, para axudarnos a soñar e a vivir son as facetas máis destacadas deste novo libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Enjamio e destinado a lectores de sete anos en diante.
£11.11
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Unha Estrela No Vento a Star in the Wind Infantil E Xuvenil
Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos. Recibe unha boa malleira, que o deixa eivado na casa durante días, mentres os seus colegas que frecuentan a sala de billar da cervexería Lagoa deciden vingarse por ela. Ábrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ó que todos eles agardan. Miguel Foz atopará no seu curmán Abel, que padece unha minusvalía física, e en Reina, unha moza xitana que vende rosas, o que é a solidariedade e o amor. Reina e Abel ensinaranlle a ver a vida dun xeito distinto.
£14.76
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O centro do labirinto
A mediados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organización que rexe os destinos de Europa desde a sombra, viaxa a Galicia acompañada polo seu fillo David.A misteriosa desaparición de David será o inicio dunha cadea de desconcertantes sucesos que, coma un estraño pesadelo, acabará arrastrándoos a unha aventura que cambiará para sempre as súas vidas e talvez o destino da humanidade.
£14.04
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Milmanda. Un rato díxolle á lúa
Encuadernación: RústicaColección: Infantil E Xuvenil. MilmandaIncluye: CDUn rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro. García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil. Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versos enredan nos beizos dos lectores e lectoras, divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras. Un rato díxolle á lúa espreme, antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil.Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes, estes poemas transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a
£18.75
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Lois Pereiro breve encontro un achegamento comiqueiro biografa e obra do poeta
Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica ?non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de
£18.16
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O pintor do sombreiro de malvas
£14.72
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O cabo do mundo Edicion Literaria Narrativa Literary Publishing Narrative
Que farías se non che quedase nada de vida? Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e agochados sucesos da represión franquista levada a cabo polas brigadas do amencer nas ribeiras Miño. Partindo dunha minuciosa investigación histórica, mesturando realidade e ficción, atesourando un extraordinario alento narrativo e unha prosa vizosa e moi fluída, reaparece Xabier Quiroga cunha novela memorable que nos conduce a outro suxestivo espazo literario onde a memoria e a identidade se confunden: O Cabo do Mundo.
£22.60
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Cartas de republicanos galegos condenados a morte 19361948
Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte. É o momento en que algúns deciden despedirse, por escrito, dos seus: dos pais, dos irmáns, da muller, da noiva, dos amigos... Nalgúns casos, especialmente entre comunistas, do Partido. Ningún xénero literario expresa con máis emoción o drama da Guerra Civil (e das súas consecuencias) que este tipo de cartas escritas polos republicanos nun momento en que toda esperanza estaba perdida. Hai, ademais, despedidas que son especialmente conmovedoras, e outras, dun certo nivel literario, e todas, e cada unha, un documento histórico que nos fai deplorar as que xa se perderon para sempre e as que, por torpeza ou incuria nosa, aínda non foron exhumadas. Un libro clave no proceso de construción da memoria republicana de Galicia que, ademais, constitúe o primeiro corpus epistolar deste xénero, territorio e período que s
£27.40
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Fendas Abertas Open Crack Seis Ensaios Sobre a Cuestion Nacional Obras De Referenciaensaio
Fendas abertas céntrase na idea da cuestión nacional, abordando a súa relación coa globalización, coa esquerda e o Estado; co papel asignado a Galiza no magma xeral da globalización capitalista; coa singularísima condición dun nacionalismo, o español, de sempre esquecido; e, en suma, a natureza da cuestión nacional na Unión Soviética e o acontecido na Europa central e oriental contemporánea, no que a aquela atinxe, nos dous últimos decenios. O libro, escrito nunha linguaxe sempre comprensible, desenvolve perspectivas que non son, con claridade, as que defenden a maioría dos estamentos de poder no mundo contemporáneo; e configura un material polémico desde o que repensar moitas das discusións, a miúdo agres, que se interesan pola cuestión nacional a principios do século XXI.
£20.14
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Atraccion Total Total Attraction Edicion Literarianarrativa
Atracción total é unha obra en busca da verdade poética nos extremos máis extremos do microrelato e do relato de relatos. O libro deseña, con retallos, un tapiz de tapices, como a vida, e foi escrito como que cose. Nel faise unha exaltación radical do pracer, da liberdade, das mulleres, dos homes, da natureza, do progreso harmónico e da memoria contra o poder, para asumir plenamente a vida, en paz, con alegría e ata as súas últimas consecuencias. Con el, pois, atracción total: o amor, a liberdade, a vida.
£20.14
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Anxos En Tempos De Chuvia Angels in Times of Rain
Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia. A novela cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, a droga, o consumo de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas..., ata os temas de sempre da mocidade como o amor, a iniciación á sexualidade adulta, a reflexión sobre a relixión e a existencia, e sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.
£14.76
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Usha
Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá. Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece.
£13.24
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A sombra descalza
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza. An Alfaya mereceu o PREMIO LAZARILLO DE LITERATURA XUVENIL 2005 con esta emocionante e descarnada novela sobre a recuperación da dignidade das mulleres e a necesidade de esculcar no pasado para facelo.
£14.61
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Fantasmas no corredor Ghosts in the Corridor Merln
A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor. Só Mariña sabe que existen, pois ninguén máis da familia os ve. E a nena deberá atopar unha proba que permita desvelar a presenza dos fantasmas. Fantasmas no corredor de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Óscar Villán, fala do medo á escuridade, ese temor que todas as persoas experimentamos na infancia. O humor, capaz de disolver calquera medo, é o recurso empregado para narrar esta divertida historia.
£11.02
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O bosque das antas
De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa, desde Herac1io Pérez Placer, desde Va1entín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita a Blanco Amor, a Carlos Casares, a Martínez Oca, a Manuel Guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes. Agora é, con "O Bosque das Antas", F.X. Fernández Naval que aporta a súa sensibilidade á tarefa colectiva de edificar un Ourense de letras, como outros escritores de outras terras fixeran con París, con Nova York, con Buenos Aires, con Leningrado. Este será un Ourense aberto a Oira (o paraiso), ao campo, ao mundo. E ao mesmo tempo, Fernández Naval incide nun tema recurrente e cada vez máis solicitado da nosa narrativa contemporánea: o dos sucesos posteriores á sublevación de 1936. Ourense e fascismo ligan "O bosque das antas" con outros textos moi diversos e atravesados de reminiscencias por veces contrapostas. E é, xustamente, neste encontro de ecoares, onde a voz do novo auto
£19.71
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Historia Da Costa Galega E OS Seus Naufraxios History of the Galician Coast and Its Shipwrecks Seculo XX Edicion Literaria
?Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)?, de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas. A partir dunha valiosa información recuperada de arquivos e da memoria das xentes, Fernando Patricio reconstrúe minuciosamente, ano tras ano, esa crónica dramática, épica e lendaria, que, non o esquezamos, en moitos casos foi sinónimo de traxedia e de morte. Cunha importante documentación gráfica e unha pormenorizada información, ?Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)? recupera para a nosa memoria a traxedia de todos e cada un dos buques que naufragaron na costa galega, desde o Serpent ao Prestige, pasando pola negra estirpe do Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Casón, Aegean Sea, etc., sen esquecer determinados contextos históricos fundamentais como o desenvolvemento da in
£38.94
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Pioneiras galegas que abriron camiño
Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.
£16.71
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A caixiña dos rancores. Vidas cruzadas
A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos.
£14.20
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Muriel
A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, Muriel foi definida polo xurado como unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa.
£13.99
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A nena do abrigo de astracán
A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante.Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida. son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua.Novela de longo alento, traballada ao longo de máis de quince anos, A
£21.11
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Bala perdida
Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas.
£13.16
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O Senor Dos Aneis As Duas Torres 2 Infantil E Xuvenil
£18.92
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A irmandade do Anel
£25.15
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Obra Poetica Galega Galician Poetry Work Edicion Literaria
Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927) é unha das figuras máis relevantes da poesía galega do século XX. Iniciador do hilozoísmo, unha das estéticas máis fecundas nas nosas letras, desenvolveu un labor poético fundamental, gabado tanto polos seus contemporáneos como polos especialistas actuais. A presente edición, que se publica con ocasión do centenario do nacemento do poeta pontevedrés, alén de examinar polo miúdo a súa traxectoria vital e literaria, pon nas mans dos lectores Proel, único poemario publicado en vida do autor, O galo e outros poemas soltos recollidos de diversos xornais e revistas da época. Luís Alonso Girgado (Ferrol, 1946), licenciado en Filoloxía Románica e catedrático de Lingua e Literatura Españolas, preparou edicións de Fole, Álvarez Limeses e Amado Carballo e foi autor de escolmas do conto galego contemporáneo.
£17.02
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Déixao medrar
£13.50
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A banda sen futuro
£14.06