Search results for ""Edicións Xerais de Galicia, S.A.""
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O lapis de Rosalía
Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir.Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: ?Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou ser moi distinto ao anterior.Ao longo del ten escrita unha frase que di:Lapis especial para nenas de seis anos. Que ten de especial ese lapis?
£12.68
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Formig4s Misin Nova York
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. ?Misión Nova York? leva os FORMIG4S deica esta populosa urbe dos Estados Unidos. O caso empeza en Liberty Island. A inquilina habitual desta pequena illada Cidade dos Rañaceos, a famosa e coñecida Estatua da Liberdade, marchou polo seu propio pé!
£14.02
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Desde unha estrela distante
Encuadernación: RústicaColección: Infantil E Xuvenil - Sopa De LibrosEdad Recomendada: A partir de 8 añosDaniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir un baúl, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre! Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes?
£12.58
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O veleno da risa Un misterio para Tintimn en Lugo
Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial. Misterio, asasinatos e amor, nunha nova aventura de Tintimán, esta vez na cidade de Lugo.
£14.06
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O fío vermello
A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, os seus pais, non perderon nunca a esperanza de que algún día regresase. Agardaban celebralo cunha torta de améndoas, a favorita de Nicola, das que a avoa Natividade preparaba todos os días ao ritmo dunha rancheira. Pola súa banda, Carlo tomou unha decisión: pecharíase na terraza ata que volvese o seu irmán.
£12.79
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Aire negro
Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria. O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.
£13.96
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Vaia tropa
Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Ao final do libro convidámoste a que inventes algún compañeiro para toda esta xente. Trátase, xa que logo, dun libro xogo, no que a sorpresa da lectura e das ilustracións conforman un conxunto que non pasará desapercibido ao lector.
£14.64
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A filla do ladrón de bicicletas
Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo. O xurado da XXV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil outorgou o seu recoñecemento a esta primeira novela de Teresa Gonzalez Costa salientando ?a perfecta combinación de tenrura e humor dunha historia cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia o desenvolvemento da historia?. A filla do ladrón de bicicletas foi ilustrada por Jacobo Fernández Serrano e recomendada para lectores de 11 anos en diante.
£14.86
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Contos por palabras
Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. "Unha chave non é suficiente" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que "se duplica calquera chave, con ou sen mostra". "O caso do unicornio azul" conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. "Vanesa e o anuncio da televisión" conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. "Un artista de neón": un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato "O caso do estraño empregado"? Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en "Ser su
£11.43
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Non Son De Aqui They Are Not Here Edicion Literariapoesia
Escribir poesía como se non houbese poesía. Falar como se todo o mundo tivese ese dereito. Un libro este de María do Cebreiro que non quere fundar nada. Un movemento que nega o movemento. A distancia pode ser anterior ao sentido de pertenza. O desapego pode ser a condición do amor.
£16.36
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Lua do Senegal Sopa De Libros Books Soup
Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo. Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz decidiu facelo a través dunha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa lo
£11.46
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Cartas de inverno
Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.
£13.93
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Comn temos a patria biografa dos irmns Villar Ponte
Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar. A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, en parolas íntimas, as Irmandades da Fala.Desde a prensa, o folleto, a carta, o libro e a tribuna, os irmáns Villar Ponte resultaron decisivos na configuración dun tempo en que a lingua se fixo bandeira e Galiza comezou a se sentir nación plena á procura dos seus dereitos.Emilio Ínsua e Xurxo Martínez relatan esta singradura irmandiña botando man dunha inxente cantidade de documentos inéditos ou descoñecidos que permiten ofrecer un retrato complexo e axustado destes dous membros destacados da Xeración de 1916. Un esforzo de síntese ameno e rigoroso para dar conta dunha obra de magnitude e relevancia verdadeir
£29.33
Edicións Xerais de Galicia, S.A. As peripecias de Extravaganzza Pérez
Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus pais son dous biólogos de moita sona. Semellan estar algo tolos, pero queren aos animais e mais á súa filla pola vida. Un día marchan a unha expedición secreta deixando a Extravaganzza soa na casa. Ela está encantada. Vivir sen pais é o mellor que lle pode pasar a unha nena... agás se os teus pais non dan sinais de vida durante semanas.
£12.65
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Luns
Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi pouco tempo e á vez suficiente para se decatar de que a súa realidade non lle permite encontrar un modo de se enfrontar á situación. Coa certeza da morte pairando en cada recuncho toma consciencia dunha realidade que non sempre é o que parece. Unha realidade oculta a plena luz do día." Luns " , gañadora do Premio Torrente Ballester de novela en 2016, está escrita cunha técnica arriscada, valente e innovadora, que prescinde de adobíos e consegue conmover, logrando facer partícipe a quen a le das circunstancias que acontecen no día a día de Nerea.
£18.75
Edicións Xerais de Galicia, S.A. No corazón do bosque
Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise agotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos que procedían da súa mochila, descubrindo que alí había un homiño diminuto. Un trasno chamado Derdrín, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois tódolos seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre os seus monecos, para que ninguén o descubrise. Derdrín é un trasno invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os nenos pequenos e os animais. Derdrín ten 300 anos de idade. É moi valente e decidiu salvar aos seus procurando axuda entre os humanos. Tódolos días, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as súas aventuras, ata facérense moi boa amigos. Nas festas
£11.18
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Narcos Drug Dealer Edicion Literaria
O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro ?un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda? que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, Nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o Atlántico para ser desembarcado na costa galega. Un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. A trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume Don Orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado Lito Ferro. Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (os xa familiares personaxes de C
£22.60
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O centro do labirinto
A mediados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organización que rexe os destinos de Europa desde a sombra, viaxa a Galicia acompañada polo seu fillo David.A misteriosa desaparición de David será o inicio dunha cadea de desconcertantes sucesos que, coma un estraño pesadelo, acabará arrastrándoos a unha aventura que cambiará para sempre as súas vidas e talvez o destino da humanidade.
£14.04
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Milmanda. Un rato díxolle á lúa
Encuadernación: RústicaColección: Infantil E Xuvenil. MilmandaIncluye: CDUn rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro. García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil. Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versos enredan nos beizos dos lectores e lectoras, divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras. Un rato díxolle á lúa espreme, antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil.Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes, estes poemas transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a
£18.75
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Lois Pereiro breve encontro un achegamento comiqueiro biografa e obra do poeta
Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica ?non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de
£18.16
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O pintor do sombreiro de malvas
£14.72
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O cabo do mundo Edicion Literaria Narrativa Literary Publishing Narrative
Que farías se non che quedase nada de vida? Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e agochados sucesos da represión franquista levada a cabo polas brigadas do amencer nas ribeiras Miño. Partindo dunha minuciosa investigación histórica, mesturando realidade e ficción, atesourando un extraordinario alento narrativo e unha prosa vizosa e moi fluída, reaparece Xabier Quiroga cunha novela memorable que nos conduce a outro suxestivo espazo literario onde a memoria e a identidade se confunden: O Cabo do Mundo.
£22.60
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Cartas de republicanos galegos condenados a morte 19361948
Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte. É o momento en que algúns deciden despedirse, por escrito, dos seus: dos pais, dos irmáns, da muller, da noiva, dos amigos... Nalgúns casos, especialmente entre comunistas, do Partido. Ningún xénero literario expresa con máis emoción o drama da Guerra Civil (e das súas consecuencias) que este tipo de cartas escritas polos republicanos nun momento en que toda esperanza estaba perdida. Hai, ademais, despedidas que son especialmente conmovedoras, e outras, dun certo nivel literario, e todas, e cada unha, un documento histórico que nos fai deplorar as que xa se perderon para sempre e as que, por torpeza ou incuria nosa, aínda non foron exhumadas. Un libro clave no proceso de construción da memoria republicana de Galicia que, ademais, constitúe o primeiro corpus epistolar deste xénero, territorio e período que s
£27.40
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Fendas Abertas Open Crack Seis Ensaios Sobre a Cuestion Nacional Obras De Referenciaensaio
Fendas abertas céntrase na idea da cuestión nacional, abordando a súa relación coa globalización, coa esquerda e o Estado; co papel asignado a Galiza no magma xeral da globalización capitalista; coa singularísima condición dun nacionalismo, o español, de sempre esquecido; e, en suma, a natureza da cuestión nacional na Unión Soviética e o acontecido na Europa central e oriental contemporánea, no que a aquela atinxe, nos dous últimos decenios. O libro, escrito nunha linguaxe sempre comprensible, desenvolve perspectivas que non son, con claridade, as que defenden a maioría dos estamentos de poder no mundo contemporáneo; e configura un material polémico desde o que repensar moitas das discusións, a miúdo agres, que se interesan pola cuestión nacional a principios do século XXI.
£20.14
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Atraccion Total Total Attraction Edicion Literarianarrativa
Atracción total é unha obra en busca da verdade poética nos extremos máis extremos do microrelato e do relato de relatos. O libro deseña, con retallos, un tapiz de tapices, como a vida, e foi escrito como que cose. Nel faise unha exaltación radical do pracer, da liberdade, das mulleres, dos homes, da natureza, do progreso harmónico e da memoria contra o poder, para asumir plenamente a vida, en paz, con alegría e ata as súas últimas consecuencias. Con el, pois, atracción total: o amor, a liberdade, a vida.
£20.14
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Anxos En Tempos De Chuvia Angels in Times of Rain
Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia. A novela cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, a droga, o consumo de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas..., ata os temas de sempre da mocidade como o amor, a iniciación á sexualidade adulta, a reflexión sobre a relixión e a existencia, e sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.
£14.76
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Usha
Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá. Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece.
£13.24
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A sombra descalza
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza. An Alfaya mereceu o PREMIO LAZARILLO DE LITERATURA XUVENIL 2005 con esta emocionante e descarnada novela sobre a recuperación da dignidade das mulleres e a necesidade de esculcar no pasado para facelo.
£14.61
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Fantasmas no corredor Ghosts in the Corridor Merln
A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor. Só Mariña sabe que existen, pois ninguén máis da familia os ve. E a nena deberá atopar unha proba que permita desvelar a presenza dos fantasmas. Fantasmas no corredor de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Óscar Villán, fala do medo á escuridade, ese temor que todas as persoas experimentamos na infancia. O humor, capaz de disolver calquera medo, é o recurso empregado para narrar esta divertida historia.
£11.02
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O bosque das antas
De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa, desde Herac1io Pérez Placer, desde Va1entín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita a Blanco Amor, a Carlos Casares, a Martínez Oca, a Manuel Guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes. Agora é, con "O Bosque das Antas", F.X. Fernández Naval que aporta a súa sensibilidade á tarefa colectiva de edificar un Ourense de letras, como outros escritores de outras terras fixeran con París, con Nova York, con Buenos Aires, con Leningrado. Este será un Ourense aberto a Oira (o paraiso), ao campo, ao mundo. E ao mesmo tempo, Fernández Naval incide nun tema recurrente e cada vez máis solicitado da nosa narrativa contemporánea: o dos sucesos posteriores á sublevación de 1936. Ourense e fascismo ligan "O bosque das antas" con outros textos moi diversos e atravesados de reminiscencias por veces contrapostas. E é, xustamente, neste encontro de ecoares, onde a voz do novo auto
£19.71
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Historia Da Costa Galega E OS Seus Naufraxios History of the Galician Coast and Its Shipwrecks Seculo XX Edicion Literaria
?Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)?, de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas. A partir dunha valiosa información recuperada de arquivos e da memoria das xentes, Fernando Patricio reconstrúe minuciosamente, ano tras ano, esa crónica dramática, épica e lendaria, que, non o esquezamos, en moitos casos foi sinónimo de traxedia e de morte. Cunha importante documentación gráfica e unha pormenorizada información, ?Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)? recupera para a nosa memoria a traxedia de todos e cada un dos buques que naufragaron na costa galega, desde o Serpent ao Prestige, pasando pola negra estirpe do Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Casón, Aegean Sea, etc., sen esquecer determinados contextos históricos fundamentais como o desenvolvemento da in
£38.94
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Pioneiras galegas que abriron camiño
Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.
£16.71
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A caixiña dos rancores. Vidas cruzadas
A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos.
£14.20
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Muriel
A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, Muriel foi definida polo xurado como unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa.
£13.99
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A nena do abrigo de astracán
A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante.Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida. son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua.Novela de longo alento, traballada ao longo de máis de quince anos, A
£21.11
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Bala perdida
Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas.
£13.16
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O Senor Dos Aneis As Duas Torres 2 Infantil E Xuvenil
£18.92
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A irmandade do Anel
£25.15
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Obra Poetica Galega Galician Poetry Work Edicion Literaria
Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927) é unha das figuras máis relevantes da poesía galega do século XX. Iniciador do hilozoísmo, unha das estéticas máis fecundas nas nosas letras, desenvolveu un labor poético fundamental, gabado tanto polos seus contemporáneos como polos especialistas actuais. A presente edición, que se publica con ocasión do centenario do nacemento do poeta pontevedrés, alén de examinar polo miúdo a súa traxectoria vital e literaria, pon nas mans dos lectores Proel, único poemario publicado en vida do autor, O galo e outros poemas soltos recollidos de diversos xornais e revistas da época. Luís Alonso Girgado (Ferrol, 1946), licenciado en Filoloxía Románica e catedrático de Lingua e Literatura Españolas, preparou edicións de Fole, Álvarez Limeses e Amado Carballo e foi autor de escolmas do conto galego contemporáneo.
£17.02
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Déixao medrar
£13.50
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A banda sen futuro
£14.06