Search results for ""author manolo uhía""
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Mar adiante
Publicada en 1973, Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de María Victoria Moreno e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego. Unha mestra contoulles un día aos compañeiros que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os rapaces a coñezan. Sabemos entón de Miguel, un vello mariñeiro, que fixo un barco cando soubo que o mestre ameazara aos rapaces con tiralos ao mar cos libros ao pescozo se non sabían a táboa do sete. E púxolle tripulación: un poeta, un debuxante, un amigo das estrelas e unha cociñeira velliña e garimosa, Lola. Non faltaban, claro, o capitán, e mais a mestra. No barco os nenos aprenden cousas que non veñen nos libros: a historia dos mozos náufragos aos que o patrón rico non quixo acudirlles, a de Mariquiña, que se fixo amiga dun lobo a quen agora todos os veciños queren e coñecen como Garimoso, a da illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, q
£12.47
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Honorato o rato namorado
Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores: utiliza a cor verde para falar dos campos, a azul para falar do ceo e do mar, a amarela para falar da luz e do sol. A cor negra para falar das guerras, a cor gris para falar do inverno e a cor vermella para falar., para falar de amor! Si, porque Honorato está namorado. E de quen está namorado?
£11.13
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Eu conto ti cantas
Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: ?Xa non teño medo?, ?Can branco, can negro? e ?Un cachiño de bica??. Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura. Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino. Iván coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica. Tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.
£11.13