Search results for ""author an alfaya""
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A sombra descalza
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza. An Alfaya mereceu o PREMIO LAZARILLO DE LITERATURA XUVENIL 2005 con esta emocionante e descarnada novela sobre a recuperación da dignidade das mulleres e a necesidade de esculcar no pasado para facelo.
£14.61
O grupo Infantil E Xuvenil Fra De Xogo
Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador?Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, mais a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito testemuñal amosando a súa vulnerabilidade.Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo.Unha novela onde os personaxes se ispen emocionalmente da man de An Alfaya.
£13.84
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O fío vermello
A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, os seus pais, non perderon nunca a esperanza de que algún día regresase. Agardaban celebralo cunha torta de améndoas, a favorita de Nicola, das que a avoa Natividade preparaba todos os días ao ritmo dunha rancheira. Pola súa banda, Carlo tomou unha decisión: pecharíase na terraza ata que volvese o seu irmán.
£12.79