Search results for ""Author Anaír Rodríguez Rodríguez""
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Pioneiras galegas que abriron camiño
Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.
£16.71
O lobo con botas
Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque. Todos queren vestir o seu sombreiro, empuñar a súa espada e calzar as súas botas, algo que o tío do Lobiño aproveita para facer negocio. Xogar seguirá a ser divertido cando teñan todo o que queiran?El Hematocrítico regresa cun conto sobre o consumismo, con lobos, gatos e xigantes.
£16.17
Rapunzel con piollos
Rapunzel pasa o tempo na súa torre protexida de calquera perigo: bruxas malvadas, ogros, lobos... O que non espera é ser atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos! Estes bichiños multiplícanse rapidamente na súa longa melena, e non hai remedio contra eles. Nin a limpeza de Brancaneves e os seus ananos, nin o raio conxelador da Raíña das Neves, tampouco o enxeño de Garavanciño. Os piollos construíron unha cidade no seu cabelo e non pensan marchar. Como ha facer para liberarse deles?
£18.84