Search results for ""ediciones pol"
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Muriel
A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.Gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, Muriel foi definida polo xurado como unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa.
£13.99
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A sombra descalza
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza. An Alfaya mereceu o PREMIO LAZARILLO DE LITERATURA XUVENIL 2005 con esta emocionante e descarnada novela sobre a recuperación da dignidade das mulleres e a necesidade de esculcar no pasado para facelo.
£14.61
Edicións Xerais de Galicia, S.A. O centro do labirinto
A mediados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organización que rexe os destinos de Europa desde a sombra, viaxa a Galicia acompañada polo seu fillo David.A misteriosa desaparición de David será o inicio dunha cadea de desconcertantes sucesos que, coma un estraño pesadelo, acabará arrastrándoos a unha aventura que cambiará para sempre as súas vidas e talvez o destino da humanidade.
£14.04
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A caixiña dos rancores. Vidas cruzadas
A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos.
£14.20
Edicións Xerais de Galicia, S.A. Cartas de republicanos galegos condenados a morte 19361948
Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte. É o momento en que algúns deciden despedirse, por escrito, dos seus: dos pais, dos irmáns, da muller, da noiva, dos amigos... Nalgúns casos, especialmente entre comunistas, do Partido. Ningún xénero literario expresa con máis emoción o drama da Guerra Civil (e das súas consecuencias) que este tipo de cartas escritas polos republicanos nun momento en que toda esperanza estaba perdida. Hai, ademais, despedidas que son especialmente conmovedoras, e outras, dun certo nivel literario, e todas, e cada unha, un documento histórico que nos fai deplorar as que xa se perderon para sempre e as que, por torpeza ou incuria nosa, aínda non foron exhumadas. Un libro clave no proceso de construción da memoria republicana de Galicia que, ademais, constitúe o primeiro corpus epistolar deste xénero, territorio e período que s
£27.40
Edicións Xerais de Galicia, S.A. A nena do abrigo de astracán
A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante.Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida. son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua.Novela de longo alento, traballada ao longo de máis de quince anos, A
£21.11
Nau Llibres (Edicions Culturals Valencianes, S.A.) Propuestas de intervencin socioeducativa con las adolescencias Trabajo Social
José Vicente Pérez Cosín, José Javier Navarro Pérez y Francesc Xavier Uceda i Maza son profesores de Trabajo Social y Servicios Sociales de la Universitat de València e investigadores del área de cohesión social del Instituto Interuniversitario de Desarrollo Local. Durante los últimos diez años su trabajo como docentes e investigadores se ha centrado en el sector de la intervención social dentro del área de las políticas de infancia y adolescencia, como continuación a sus trayectorias profesionales en el ámbito de los servicios sociales (ayuntamientos y menores) durante más de veinte años. Propuestas de intervención socieducativa con las adolescencias integra de forma ordenada las aportaciones de expertos: experiencias de profesionales en ejercicio, aportes metodológicos de docentes en diferentes ámbitos, resultados de investigaciones de amplio espectro y vivencias de lo cotidiano que en tantas ocasiones nos ofrecen un aprendizaje más rico que el escrito en concienzudos ensayos científ
£24.04
Nau Llibres (Edicions Culturals Valencianes, S.A.) Bibliometría programa razonado
La Bibliometría se ha configurado a lo largo del siglo XX como una disciplina métrico-cuantitativa que permite a partir del análisis estadístico de las publicaciones científicas, la descripción y evaluación de la actividad investigadora. Desde su introducción en España, los estudios y las investigaciones desarrolladas mediante el empleo de metodologías bibliométricas han experimentado un notable desarrollo, presentando además la Bibliometría un uso cada vez más extendido en los procesos de evaluación de los investigadores y en la planificación de las políticas científicas. En este contexto, resulta fundamental potenciar la docencia de esta materia, desarrollando recursos didácticos y reflexionando acerca de los contenidos y enfoques pedagógicos más adecuados para ello. La presente obra constituye una aportación a la vertiente docente de la Bibliometría en el marco del Espacio Europeo de Educación Superior, en el que tiene una importancia capital el aprendizaje significativo, el conocim
£17.48