Description

Book Synopsis
Un gorila, dous orangutáns, tres chimpancés... e ti. Un álbum ilustrado para aprender a contar na compaña dos primates, que malia seren os parentes máis próximos dos humanos, algunhas especies viven ameazadas.

Contando do un ao dez, este álbum para pre-lectores e primeiros lectores é un axeitado achegamento aos números e aos animais da categoría dos primates. Anthony Browne representa tantos individuos como corresponde correlativamente coa cifra numérica. Son debuxos realistas e detallistas, nos que destaca ouso da cor e a expresividade dos simios, que transmiten afabilidade, dozura, picardía, timidez... Nos seus rostros adivíñanse xestos e actitudes propios das persoas. Así, a obra contén unha segunda lectura: coma outros animais, os primates teñen sentimentos. E malia que evolutivamente son os parentes máis cercanos dos humanos, a supervivencia dalgunhas especies está seriamente ameazada. O autor e ilustrador implícase directamente na difusión desta mensaxe, cun autorretrato seu ao que segue unha ?foto? antropolóxica que reflicte a diversidade de razas e culturas de todo o mundo, coma un espello no que calquera lector/a pode verse retratado/a.

?O que máis me gusta dos simios como personaxes é a súa universalidade. (...) A universalidade dos simios asegura que todos os nenos poidan identificarse con eles, no só os de certa idade, época ou raza?. [ Anthony Browne: ?Jugar el juego de las formas?, FCE, 2011 ]

Un gorila. Un libro para aprender a contar

    Product form

    £16.00

    Includes FREE delivery

    Order before 4pm today for delivery by Mon 10 Aug 2026.

    By Anthony Browne

    Out of stock

      Trusted by thousands of customers. See 2,385+ Customer Reviews

      View other formats and editions of Un gorila. Un libro para aprender a contar by Anthony Browne

      Publisher: Kalandraka Editora
      Publication Date: Publication Date: 10/1/2012
      ISBN13: 9788484647102, 978-8484647102
      ISBN10: 8484647102

      Description

      Book Synopsis
      Un gorila, dous orangutáns, tres chimpancés... e ti. Un álbum ilustrado para aprender a contar na compaña dos primates, que malia seren os parentes máis próximos dos humanos, algunhas especies viven ameazadas.

      Contando do un ao dez, este álbum para pre-lectores e primeiros lectores é un axeitado achegamento aos números e aos animais da categoría dos primates. Anthony Browne representa tantos individuos como corresponde correlativamente coa cifra numérica. Son debuxos realistas e detallistas, nos que destaca ouso da cor e a expresividade dos simios, que transmiten afabilidade, dozura, picardía, timidez... Nos seus rostros adivíñanse xestos e actitudes propios das persoas. Así, a obra contén unha segunda lectura: coma outros animais, os primates teñen sentimentos. E malia que evolutivamente son os parentes máis cercanos dos humanos, a supervivencia dalgunhas especies está seriamente ameazada. O autor e ilustrador implícase directamente na difusión desta mensaxe, cun autorretrato seu ao que segue unha ?foto? antropolóxica que reflicte a diversidade de razas e culturas de todo o mundo, coma un espello no que calquera lector/a pode verse retratado/a.

      ?O que máis me gusta dos simios como personaxes é a súa universalidade. (...) A universalidade dos simios asegura que todos os nenos poidan identificarse con eles, no só os de certa idade, época ou raza?. [ Anthony Browne: ?Jugar el juego de las formas?, FCE, 2011 ]

      Recently viewed products

      © 2026 Book Curl

        • American Express
        • Apple Pay
        • Diners Club
        • Discover
        • Google Pay
        • Maestro
        • Mastercard
        • PayPal
        • Shop Pay
        • Union Pay
        • Visa

        Login

        Forgot your password?

        Don't have an account yet?
        Create account