Description

Book Synopsis
A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor ?que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso?, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoais e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acodirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas. Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferencia pois o misterio ...

O pazo baleiro

    Product form

    £15.60

    Includes FREE delivery

    Order before 4pm tomorrow for delivery by Wed 1 Jul 2026.

    A Paperback by Xabier P. Docampo

    4 in stock


      View other formats and editions of O pazo baleiro by Xabier P. Docampo

      Publisher: Edicións Xerais de Galicia, S.A.
      Publication Date: 1/1/2002
      ISBN13: 9788483027486, 978-8483027486
      ISBN10: 8483027488

      Description

      Book Synopsis
      A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor ?que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso?, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoais e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acodirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas. Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferencia pois o misterio ...

      Recently viewed products

      © 2026 Book Curl

        • American Express
        • Apple Pay
        • Diners Club
        • Discover
        • Google Pay
        • Maestro
        • Mastercard
        • PayPal
        • Shop Pay
        • Union Pay
        • Visa

        Login

        Forgot your password?

        Don't have an account yet?
        Create account