Description

Book Synopsis
Esta historia comeza arredor dunha mesa de xogo, na Francia de mediados do século XVII. A mesa na que Antoine Gombaud gasta o tempo xogando aos dados. Adoita apostar a conseguir un dobre seis en 25 oportunidades, pois de tantas partidas sabe que é unha aposta gañadora en máis da metade dos casos. Curiosamente, para obter un seis cun único dado abonda con catro lanzamentos para ter vantaxe, feito inexplicable considerando as proporcións entre un caso e o outro. Por que 25 e non 24?
Un día, coincide nunha viaxe cun afamado científico, Blaise Pascal, preguntándolle a razón dese fallo na Aritmética. E o aludido comunícalle o asunto a un colega, tamén afeccionado ás matemáticas: Pierre de Fermat.

Ambos resolven o problema independentemente, compartindo os seus descubrimentos por carta. E o que comezou como curiosidade dun xogador impenitente acaba sendo o xerme dunha nova ciencia: a teoría da probabilidade. A explicación do azar mediante as matemáticas. E Pascal, entendendo o alcance do traballo desenvolvido, define este novo saber como a matemática do azar.

Neste texto presentamos a tradución ao galego das cartas conservadas, xunto coas explicacións matemáticas do seu contido. Veremos o carácter e as relacións entre os autores, xunto coas situacións vitais que van atravesando, pois as misivas adoitan conter referencias persoais e históricas. Saberemos as fórmulas de cortesía de uso obrigado entre autores de ciencia, traballo daquela a cargo maioritariamente de afeccionados. Os xigantes a cuxos ombros se subirían despois Newton e outros para ver máis lonxe.

Correspondencia entre Fermat e Pascal.

    Product form

    £13.27

    Includes FREE delivery

    Order before 4pm today for delivery by Tue 30 Jun 2026.

    Out of stock


      View other formats and editions of Correspondencia entre Fermat e Pascal. by

      Publisher:
      Publication Date:
      ISBN13: 9788411880008, 978-8411880008
      ISBN10:

      Description

      Book Synopsis
      Esta historia comeza arredor dunha mesa de xogo, na Francia de mediados do século XVII. A mesa na que Antoine Gombaud gasta o tempo xogando aos dados. Adoita apostar a conseguir un dobre seis en 25 oportunidades, pois de tantas partidas sabe que é unha aposta gañadora en máis da metade dos casos. Curiosamente, para obter un seis cun único dado abonda con catro lanzamentos para ter vantaxe, feito inexplicable considerando as proporcións entre un caso e o outro. Por que 25 e non 24?
      Un día, coincide nunha viaxe cun afamado científico, Blaise Pascal, preguntándolle a razón dese fallo na Aritmética. E o aludido comunícalle o asunto a un colega, tamén afeccionado ás matemáticas: Pierre de Fermat.

      Ambos resolven o problema independentemente, compartindo os seus descubrimentos por carta. E o que comezou como curiosidade dun xogador impenitente acaba sendo o xerme dunha nova ciencia: a teoría da probabilidade. A explicación do azar mediante as matemáticas. E Pascal, entendendo o alcance do traballo desenvolvido, define este novo saber como a matemática do azar.

      Neste texto presentamos a tradución ao galego das cartas conservadas, xunto coas explicacións matemáticas do seu contido. Veremos o carácter e as relacións entre os autores, xunto coas situacións vitais que van atravesando, pois as misivas adoitan conter referencias persoais e históricas. Saberemos as fórmulas de cortesía de uso obrigado entre autores de ciencia, traballo daquela a cargo maioritariamente de afeccionados. Os xigantes a cuxos ombros se subirían despois Newton e outros para ver máis lonxe.

      Recently viewed products

      © 2026 Book Curl

        • American Express
        • Apple Pay
        • Diners Club
        • Discover
        • Google Pay
        • Maestro
        • Mastercard
        • PayPal
        • Shop Pay
        • Union Pay
        • Visa

        Login

        Forgot your password?

        Don't have an account yet?
        Create account