{"product_id":"vidas-postit-9788499141817","title":"Vidas postit","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003eOs relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, constitúen o primeiro e sólido paso adiante dado na literatura por unha das autoras galegas revelación dos últimos anos: Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela. Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son relatos curtos, concisos e veloces, que alimentan un receitario de tropezos na vida. Unha tras outra, predominan as situacións cotiás guiadas por condimentos universais: incomunicación, soidade, desamor, abismo, sexo, rutina, violencia, melancolía, drogas, medo e outras miserias que murchan, afogan e desesperan; todo adobado coa fugacidade, precisión e brutalidade da vida sen decorados. Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños veloces coma tráilers de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida.","brand":"Ed. Xerais","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":49545814835543,"sku":"9788499141817","price":26.96,"currency_code":"GBP","in_stock":true}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/vidas-postit-9788499141817","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}