{"product_id":"tempos-de-bebidas-isotnicas-e-fastfood-9788499149844","title":"Tempos de bebidas isotnicas e fastfood","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003eTempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confírelle rotundidade e credibilidade a cada unha destas historias mínimas. Un humor marabilloso, sutilmente retranqueiro, e un coidado rexistro lingüístico coloquial, impregnado cos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das Rías Baixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertida para configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia. Dende o memorable relato O curso de novas tecnoloxías, que abre o libro a gargalladas, pasando pola versión bífida de By Glory Lake ou polo emotivo Non me chames terrorista, até o estremecedor Vitrasa, Álex Alonso debulla algunhas das causas e prexuízos da desigualdade e da precariedade da Galicia actual.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51047005880663,"sku":"9788499149844","price":24.94,"currency_code":"GBP","in_stock":true}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/tempos-de-bebidas-isotnicas-e-fastfood-9788499149844","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}