{"product_id":"os-rotulos-da-nosa-vida-9788411765121","title":"Os rótulos da nosa vida","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003eDurante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias.\u003cbr\u003eOs rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer.\u003cp\u003eEste libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos? Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido.\u003c\/p\u003e\u003cp\u003eCada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade.\u003c\/p\u003e\u003cp\u003eOs rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.\u003c\/p\u003e","brand":"Book Curl","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53209824887127,"sku":"9788411765121","price":34.67,"currency_code":"GBP","in_stock":true}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/os-rotulos-da-nosa-vida-9788411765121","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}