{"product_id":"morgana-en-esmelle-9788498654127","title":"Morgana en Esmelle","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003eLogo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?","brand":"Editorial Galaxia, S.A.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51138794848599,"sku":"9788498654127","price":16.9,"currency_code":"GBP","in_stock":false}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/morgana-en-esmelle-9788498654127","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}