{"product_id":"mama-quero-ser-ziggy-stardust-9788491214151","title":"Mamá quero ser Ziggy Stardust","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003eAine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un músico marciano que podía ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu inseparable amigo imaxinario, íao lograr.","brand":"Book Curl","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":49544410104151,"sku":"9788491214151","price":999.99,"currency_code":"GBP","in_stock":false}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/mama-quero-ser-ziggy-stardust-9788491214151","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}