{"product_id":"jimenez-aleixandre-m-o-trasno-de-alqueidon-9788483027554","title":"Jiménez Aleixandre M O trasno de Alqueidón","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003eEste libro está formado por tres contos: \"O trasno de Alqueidón\" Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man. \"Neve na Amaía\" Utiliza a estructura acumulativa dos cantos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apagánse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico. \"Chave de Ponte, Chave de Carballo\" Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamad Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido ...","brand":"Book Curl","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":49544042905943,"sku":"9788483027554","price":12.75,"currency_code":"GBP","in_stock":false}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/jimenez-aleixandre-m-o-trasno-de-alqueidon-9788483027554","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}