{"product_id":"illa-soidade-9788499141466","title":"Illa Soidade","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003eLucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. Afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia, a novela retrata o mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen teito, dos esmoleiros, dos vagabundos. Cada unha destas persoas é unha illa deshabitada que vai conformando arquipélagos de soidade. Lucía procura nesta escuridade un pouco de luz para todas elas.","brand":"Edicións Xerais de Galicia, S.A.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":50473134293335,"sku":"9788499141466","price":14.5,"currency_code":"GBP","in_stock":false}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/illa-soidade-9788499141466","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}