{"product_id":"g451formigas-nos-pesnarrativa-9788491215936","title":"g451formigas nos pesnarrativa","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003e\" Formigas nos pés \" é un calidoscopio, a radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura. A novela aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos. Esta é unha novela escrita cunha extraordinaria pulsión. É a historia de Eva, expulsada do paraíso, e de todas as Evas que foron, son e serán. A historia desas mulleres ás que a vida pon na difícil tesitura de aprender a dicir adeus.\u003cbr\u003ePara a protagonista de \" Formigas nos pés \" , de súpeto, o mundo quedou sen luz. Decátase de que desapareceron as cores que gabeaban polas paredes, os aromas da cociña, as rutinas cómodas, a palabra amable, as arelas que debuxa o porvir. E descobre que se ergueron muros, enreixados, fronteiras, camiños de fuxida, torres vixía, voces de mando, reparos, berros, su","brand":"Book Curl","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":49544410464599,"sku":"9788491215936","price":999.99,"currency_code":"GBP","in_stock":false}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/g451formigas-nos-pesnarrativa-9788491215936","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}