{"product_id":"cumes-torboentos-9788484876496","title":"Cumes Torboentos","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003eEmily Brontë naceu en Thornton, Yorkshire, en 1818. En 1820, a súa familia mudouse a Haworth onde o seu pai exerceu de párroco anglicano. En 1824, Emily e as súas irmás estiveron internas no colexio Clergy Daughters, en Lancashire, cuxas pésimas condicións serviron de inspiración a Charlotte para a súa novela Jane Eyre.\u003cbr\u003eEn 1838 traballou como institutriz en Halifax e logo estivo como alumna nun colexio de Bruxelas coa súa irmá Charlotte. No ano 1846 publicouse un tomo de poemas das tres irmás Brontë, malia o escaso éxito do libro, deciden publicar ao ano seguinte cadansúa novela, que hoxe forman parte sobranceira da literatura inglesa, cos mesmos pseudónimos masculinos que utilizaron na súa primeira obra: ?Wuthering Heights? de Ellis Bell, ?Agnes Grey? de Acton Bell e ?Jane Eyre? de Currer Bell.\u003cbr\u003eTrala morte do seu irmán Branwell en 1848, Emily morre tuberculosa poucos meses despois. A mesma doenza que levará ás súas irmás Anne, ao ano seguinte, e Charlotte, en 1855.","brand":"Edicións Laiovento","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53518158266711,"sku":"9788484876496","price":21.88,"currency_code":"GBP","in_stock":true}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/cumes-torboentos-9788484876496","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}