{"product_id":"cancara-9788411108065","title":"Cáncara","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003eOutubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no New York Times e no Washington Post.\u003cbr\u003eA partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe os feitos reais. Cáncara é unha novela que serpea entre a fábula, a crónica, a lenda, a sátira, a memoria e a narrativa contemporánea, converténdose nunha historia que afunde as súas raíces na crítica social e que se conforma como unha radiografía das transformacións sociopolíticas actuais.\u003cbr\u003eEn Cáncara, Fran Alonso logra crear unha atmosfera metafórica, lendaria, onírica, mítica e humorística onde se reflexiona sobre o poder, a comunicación e a nosa relación co medio natural. A través das súas páxinas, dilúense as fronteiras entre a realidade e a ficción, creando un espazo en que as voces dos personaxes relatan unha historia que vai moito máis alá do anecdótico.","brand":"Book Curl","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53517983678807,"sku":"9788411108065","price":23.09,"currency_code":"GBP","in_stock":true}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/cancara-9788411108065","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}