{"product_id":"a-madrina-9788419754141","title":"A madriña","description":"\u003cb\u003eBook Synopsis\u003c\/b\u003e\u003cbr\u003eEra o ano 57 do século pasado. A madriña, muller entrada en anos, obriga ao destino a poñer nas súas mans a vida dunha nena que, filla de pais emigrados, queda baixo a súa tutela, en total desamparo. A madriña, rexida polos mandamentos divinos e convencida de que o sufrimento e o sacrificio son virtudes e non atrancos, educa\u003cbr\u003ea afillada nunha pedagoxía austera na que sempre un censor, un deus ou un xuíz avaliarían a diario os feitos da pequena.\u003cbr\u003eA escola, as cartas e as fotos que chegan polo océano son as únicas alegrías que ela lle permite nos anos da nenez compartida. Só o avó paterno é quen de demostrarlle cariño, pois a madriña, afastada da familia, interpreta o mundo como un val de bágoas, sen saber atopar ningún pracer na vida.\u003cbr\u003eAo regreso dos pais de Venezuela, a vida familiar da nena e dos dous irmáns énchese de gozo pero tamén de desacougos. Só as festas en agosto na aldea mudan o mundo: o bo sempre abonda e o malo semella escaso.\u003cbr\u003ePasados uns anos, é na cidade de acollida onde comeza o futuro da pequena xa adolescente. Aí vive descubertas marabillosas e outras desacougantes que a empurran a medrar á présa.\u003cbr\u003eEstaba escrito nas estrelas ?ou só no corazón? que o azar fixese ben o seu traballo: foi o amor o que, agochado tanto tempo, lle recuperou a nenez, sen rancor.","brand":"Book Curl","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51046462423383,"sku":"9788419754141","price":24.13,"currency_code":"GBP","in_stock":true}],"url":"https:\/\/bookcurl.com\/products\/a-madrina-9788419754141","provider":"Book Curl","version":"1.0","type":"link"}